jueves, 24 de mayo de 2012

Actualizamos os resultados da LIGA DE TENIS 2012

Despois dos días de choiva e mal tempo a LIGA DE TENIS DE NEGREIRA 2012, retomou a competición disputándose os partidos sen maior problema. A pesar disto temos que facer un chamanento a todos os xogadores co seguinte:

- ALGÚN XOGADOR NO ESTÁ A DISPUTAR OS PARTIDOS NO PLAZO ESTABLECIDO, E DE NON XOGALOS ANTES DE MEDIADOS DE XUÑO, DARÁSELLE POR PERDIDOS OS PARTIDOS.

- NON SE ESTÁN A ENVIAR MOITOS RESULTADOS, POLO QUE É IMPOSIBLE TER ACTUALIZADA A CLASIFICACIÓN.
CANDO SE ENVIÉN OS RESULTADOS TEDES QUE POÑER: DIA DO PARTIDO E RESULTADO POR SMS, WHATSAPPS 650 358 044 OU POR E-MAIL: culturadeportes@concellodenegreira.es

-  ESTAMOS A TER PROTESTAS (CON RAZÓN) POLA MALA ACTITUDE DE ALGÚN XOGADOR QUE NON CUMPLE O HORARIO. SI O PARTIDO ESTÁ PARA AS 19:30 H. TENSE QUE XOGAR NESA HORA, E COMO MÁXIMO CON 15 MIN. DE CORTESÍA.
SI NON SE CUMPLE O HORARIO LEVARÁ CONSIGO O RETRASO DO ENCONTRO SEGUINTE.

- ANTES DE XOGAR UN PARTIDO POÑERSE DE ACORDO COS RIVAIS POR TELÉFONO PARA CONCRETAR O ENCONTRO, XA QUE MOITOS XOGADORES SON DE FORA DE NEGREIRA E VEÑEN EXCLUSIVAMENTE A XOGAR AS PISTAS DE PEDRA MÁMOA.

- SI ALGÚN XOGADOR NECESITA BOLAS NOVAS (POR DESGASTE DAS QUE FORON ENTREGADAS) PODE RECOLLELAS NA DELEGACIÓN DE CULTURA E DEPORTES DO CONCELLO DE NEGREIRA.

TODOS ESTAS NORMAS SON PARA UNHA MELLOR ORGANIZACIÓN E DESENROLO DO TORNEO, XA QUE SI NON CUMPLIMOS UNS MÍNIMOS, TEREMOS QUE TOMAR MEDIDAS ESTRICTAS QUE O ÚNICO QUE VAN A FACER É ENTURBIAR UN TORNEO QUE, A PESAR DE SER "AMIGABLE", DEBE CONTAR CUN MÍNIMO COMPROMISO.

POLO BEN DO TORNEO ESPERAMOS QUE TODO DISCURRA CON NORMALIDADE.

PARA VER A CLASIFICACIÓN ACTUALIZADA A DATA 18/05/12 PINCHA AQUÍ

PARA VER OS RESULTADOS PINCHA AQUÍ

miércoles, 2 de mayo de 2012



Primeiro mes de competición da Liga de Tenis 2011/12

Pasado un mes do inicio da Liga de Tenis de Negreira, a choiva foi a gran protagonista.
Despois de tres meses de sequia, foi comenzar a Liga e comenzar a descargar a borrasca que nos leva acompañando dende o mes de abril.

A pesar do mal tempo das últimas semanas, algún partido si se puido xogar e o torneo leva os partidos medianamente o día.

Dende aquí facemos un chamamento a algún xogador que NON ESTÁ A ENVIAR OS RESULTADOS nin a XOGAR OS PARTIDOS NO PRAZO ESTABLECIDO, polo que de non facelo nestas duas semanas, teremos que revisar os partidos e actuar en consecuencia.

Recordamos que para poder levar a clasificación ó día temos que ter os resultados, podendo facerse por SMS, E-MAIL OU WHATSAPP.

O TELEFONO É O SEGUINTE: 650 358 044 (tedes que poñer dia e o rival)
o e-mail: culturadeportes@concellodenegreira.es
 
Solicitamos a vosa colaboración para poder levar a LIGA DE TENIS o mellor posible, un saúdo a todos/as.

miércoles, 11 de abril de 2012

Video grabado nas pistas de Pedra Mámoa o pasado fin de semana..........

lunes, 9 de abril de 2012

Aviso para os participantes da Liga de Tenis

Xa está activada a aplicación de RESERVA DE PISTA, por cortesía do Clube de Tenis Negreira, na que todos os participantes da Liga de Tenis de Negreira poden anular ou reservar algunha pista das instalacións de Pedra Mámoa.

É moi sinxelo, só tedes que pinchar en RESERVA DE PISTA e picar nos puntos de cor para que mediante a introdución do voso D.N.I. poidades ou ben anular a pista que tedes reservada ou reservar algunha hora que esté libre.

Solicitamos a vosa colaboración para que en caso de que non vaiades a xogar algún partido do calendario, anuledes a reserva que tedes no programa para que sí algún xogador a quere utilizar, o poida facer.

Tamén recordamos que os gañadores dos partidos teñen a obriga de enviar o resultado por SMS, poñendo un comentario no blog, ou ben a través de WhatsApp no número 650 358 044.

miércoles, 28 de marzo de 2012

A liga de Tenis 2012 vai a ser a máis disputada da historia

Este xoves 29 de marzo comenza unha das Ligas máis igualadas dos últimos anos, xa que se incorporan xogadores de nivel que van a facer que esta edición non teña a priori favoritos.

Para esta edición a Liga de Tenis de Negreira vaise a dividir en catro categorías, xa que o número de participantes aumentou sensiblemente con respecto o pasado ano.

Esperamos que trascurra con normalidade todo, e que os tenistas leven ó día os partidos para acabar en prazo e poder disputar a Liga de dobles nas datas sinaladas pola organización.

SORTE A TODOS/AS e BOA COMPETICIÓN.

CALENDARIO DE PARTIDOS

lunes, 5 de marzo de 2012

Aberto o prazo de inscrición da Liga de Tenis 2012

Ata o 20 de marzo está aberto o prazo de inscrición da Liga de Tenis de Negreira 2012.


O igual que o ano pasado a Liga estará dividida en tres categorías, respetando as Clasificacións do ano 2011 conformaranse as categorías, quedando a terceira división para as novas incorporacións, a cota o igual que o pasado ano é de 20 € que contempla o torneo individual e a de dobles.

Animamos a todos o xogadores Federados e non Federados a disputar unha liga que ten unha duración próxima os tres meses.


Para facer a inscrición podes chamar o telefono 981. 885 886, ou ben enviar un e-mail a culturadeportes@concellodenegreira.es indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto.


miércoles, 13 de julio de 2011

REMATA A LIGA DE TENIS INDIVIDUAL E DOBLES

Despois de varios meses de competición está semana remata a Liga de Tenis 2011 do Concello de Negreira, na modalidade de individual e dobles.
Na liga os partidos foron moi disputados e chegouse con estes resultados:
1ª DIVISIÓN:
1º- JUAN NOGUEIRA
2º- JUAN MESEJO
3º- JESUS MARIÑO
_descenden: MANUEL SANMARTIN E ROBERTO QUINTÁNS


2ª DIVISIÓN:
1º- ANTONIO VIEITO
2º - JUAN J. CAO
3º - PABLO RUSO
_ascenden: ANTONIO VIEITO E JUAN J. CAO
_descenden: FERNANDO CAMBEIRO E SECUNDINO LÓPEZ


3ª DIVISIÓN:
1º- JESUS GARCÍA
2º - MAVILIO SANTOS
3º - JOSE M. LORENZO
_ascenden: JESÚS GARCÍA E MAVILIO SANTOS


Hai que dicir que houbo tres xogadores lesionados que non puideron rematar a Liga, MANUEL SANMARTÍN, FERNANDO CAMBEIRO E SECUNDINO LÓPEZ, que o non disputar a metade dos seus encontros non se contabilizaron os resultados dos partidos xogados contra eles.

PARA VER A CLASIFICACIÓN FINAL PINCHA AQUÍ


En canto a Liga de Dobles a Clasificación foi a seguinte:
GRUPO A:
1º- JAVIER VALLEDOR - JESUS MARIÑO
2º - JUAN J. CAO - ANTONIO VIEITO
3º- ALFREDO ATRIO - VICTOR SUAREZ
GRUPO B:
1º - JUAN MESEJO - PABLO NIMO
2º - MARIO GARCÍA - JUAN NOGUEIRA
3º - MAVILIO SANTOS - MANUEL VILLAR

No cruce de semifinais xogado a semana pasada quedou o seguinte resultado:
1º G.A - 2º G.B - JAVIER V. - JESUS M. / MARIO G. - JUAN N. 0-6 / 3-6
2º G.A - 1º G.B - JUAN J. C. - ANTONIO V. / JUAN M. - PABLO N. 1-6 / 0-6


A Final e terceiro e cuarto posto xogaranse o xoves 14 de xullo no seguinte horario:
3º e 4º POSTO:  JAVIER V. - JESUS M / JUAN J. C. - ANTONIO V. 20:30 h. pista 3
FINAL: MARIO G. - JUAN N. / JUAN M. - PABLO N.                          22:00 h. pista 3


En canto a Liga Infantil a clasificación final quedou da seguinte maneira:
1º - DANIEL GUZMAN
2º - FRANCISCO CAAMAÑO


Dende a Delegación de Cultura e Deportes queremos dar as gracias a todos os participantes polo seu bo comportamento e desexarlles moita sorte para o próximo ano.


NOTA: A CEA DA LIGA DE TENIS TERÁ LUGAR O VENRES 15 DE XULLO NO HOTEL-RESTAURANTE TAMARA A PARTIR DAS 22:00 H.