viernes, 8 de marzo de 2013


Gañadores da edición 2012
Aberto o prazo de inscrición da Liga de Tenis 2013 do Concello de Negreira:

Dende hoxe venres 8 de marzo e ata o 22 de marzo está aberto o prazo de inscrición da Liga de Tenis Municipal do Concello de Negreira, unha edición na que se espera que haxa unha participación similar a de anos anteriores.

Dende o 1 de abril comenzará a competición que posiblemente teña catro categorías onde se manterán os ascensos e descensos.

O sistema de competición e similar o de outros anos, xogando de luns a venres nas Pistas de Pedra Mámoa, e o prezo de inscrición é de 20 euros.

Se estás interesado en participar, anótate na Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira, ou no telf.: 981. 885 886, e-mail: culturadeportes@concellodenegreira.es


Moita sorte a todos e que sexa unha Liga tan competida como estes anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario