lunes, 17 de junio de 2013

Último mes de competición

A falta de catro semanas para o remate da Liga de Tenis 2013, os xogadores das distintas categorías están a apurar os seus partidos. Queremos facer un chamamento os xogadores da Liga para que xoguen en plazo os seus encontros e poidamos acabar a Liga no tempo marcado no calendario.

Entendemos que foi unha primavera moi adversa climatolóxicamente falando, pero o tempo parece que vai a mellorar estas semanas e solicitamos a vosa colaboración para disputar todos os partidos.

Dende hoxe está a vosa disposición unha nova aplicación para insertar os resultados e ter as clasificacións actualizadas en tempo real, gracias a colaboración dun bo amigo como é Isidoro Martínez e por xentileza da empresa DEXGA, que nos cedeu este servicio para poder ter un control diario dos encontros.

Para poder insertar os resultados só tedes que meter o voso D.N.I, e meter en cada casilla os sets gañados e perdidos.

Tamén hai que anunciar que hai catro xogadores que se deron de baixa por lesións e tamén por razóns laborais, este xogadores son: IVAN BOULLÓN E ANGEL PÉREZ DE 2ª DIVISIÓN, JUAN J. NOYA DE 1ª DIVISIÓN E DAVID SUÁREZ DE 3ª DIVISIÓN.

Volvemos a pedir o voso compromiso para disputar os partidos que faltan por xogar e poder rematar a Liga na CEA FIN DE TEMPADA que para a semana anunciaremos lugar e hora, onde aproveitaremos para entregar os trofeos os mellores da Liga.

Para poder ver os resultados e clasificación a tempo real PINCHA AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario