lunes, 3 de junio de 2013

A Liga de Tenis xa ten favoritos.

Transcurridos dous meses da Liga de Tenis de Negreira, os favoritos ó título final vanse posicionando, e podemos falar dos candidatos:

Na División de Honra David Rodríguez parece que non vai a ter rival para acadar o título, de todos modos aínda lle quedan rivais duros e ata o final non se saberá quen gaña. Preto del Juan Mesejo e Jesús Mariño están pendientes dun fallo de David para subir posicións.

Na Primeira División Daniel Moure, Alfredo Atrio e Ana Suárez manteñen un pulso polos tres primeiros postos, seguidos moi de preto por Santiago Mariño.

Na segunda División Jesús Becerra parece que vai cun paso firme cara o título, aínda que lle quedan enfrontamentos moi complicados.

Por último na 3ª División Ramón Moreda e José Luis Veiga teñen moi cerca acadar o ascenso, pero como o resto de rivais queda aínda a segunda parte da Liga, que dictaminará quenes foron os mellores.

Queremos recordar como sempre algún dato importante para o que queda de Campionato:

1.- Hai xogadores que están lesionados e de seguir así nesta semana, tomaranse decisións sobre a súa continuidade na Liga.

2.- Tedes a obriga de enviar os resultados o remate do partido ou o día seguinte (ten que facelo o gañador).

3.- Hai encontros aprazados das primeiras xornadas, se non se xogan nos vindeiros dez días, daranse por perdido o xogador que aplazou o partido.

4.- Estanse a ver comportamentos desafortunados na competición polo que pedimos os xogadores que respeten os rivais, avisando dos aprazamentos con tempo, desbloqueando as pistas que non se usen, ou que se disputen os partidos na hora e pistas previstas.

Pedimos dende a organización desculpas por non ter actualizada a clasificación con máis asiduidade, pero aseguramos que a partir da xornada de hoxe levarase con máis regularidade.

Moita sorte a todos!!!

1 comentario:

  1. Soy José Lorenzo de la tercera división, llevo 7 puntos: 5 en la cancha y 2 por WO, sin ninguna derrota. No veo mis resultados actualizados en el documento y por tanto creo que la noticia no tien información fiable.

    ResponderEliminar