miércoles, 16 de marzo de 2011

Comenza a Liga de Tenis de Negreira 2011

Benvidos a Liga de Tenis de Negreira 2011, con esta iniciativa búscase que toda a xente amante deste deporte poida disfrutar xogando unha competición na que a única pretensión é a de pasalo ben e facer deporte en compañía dos amigos.

Pedimos a colaboración de todos para que o torneo se dispute con normalidade, intentando cumplir os horarios e días dos partidos para rematar a Liga a mediados de xuño e poder realizar a cea final de confraternidade onde se van a entregar os trofeos ós gañadores e se fará o sorteo de material deportivo entre os participantes.

Para dar os resultados dos partidos enviar un SMS o telf. 650 358 044 ou poñer un comentario no blog do resultado unha vez finalizado o encontro, por exemplo: ALFREDO GOMÉZ – MARIO SANCHEZ 6-1/6-2.

Dende o xoves 17 de marzo, podedes pasar pola oficina de Cultura e Deportes a coller un bote de pelotas, calendario e normativa para comenzar o día 21 de marzo.
Desexamos que o pasedes ben e que non haxa ningunha incidencia significativa.

  ¡¡ Sorte a todos !!


No hay comentarios:

Publicar un comentario